Actualmente está a redactarse o Plano Xeral de Ordenación Municipal que substituirá ao actual. É un proceso aberto e participativo, no que están tomando parte numerosos cidadáns e as entidades sociais máis importantes da cidade.
Xa superou a fase da primeira exposición pública, na que numerosas entidades e cidadáns presentaron suxestións que o equipo redactor está a estudar. A seguinte fase consiste na aprobación do documento pola Corporación. Unha vez se produza, o Plano Xeral estará listo para recibir as alegacións de entidades públicas e particulares. Como paso final, debe ser aprobado pola Xunta de Galiza.
Neste link pode atopar a información relacionada co futuro PXOM, actualmente en fase de redacción definitiva
Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 11.01.2010 polo Concello de Pontevedra.