Axudas na ARI de Estribela

128

O núcleo de Estribela declarouse Área de Rehabilitación Integral (ARI) o día 03/05/2007, para favorecer a rehabilitación e poder obter as axudas económicas que establece o Plan Estatal de Vivenda.

A finalidade destas axudas é a de potenciar o uso residencial e asegurar a diversidade social e o realoxamento, se é o caso, da poboación existente, con suxeición ás normas do plan urbanístico vixente e ás disposicións sobre eliminación de barreiras arquitectónicas, promoción da accesibilidade e mellora da eficiencia enerxética dos edificios.

Con data 05/09/2014 asinouse o convenio de financiamento entre a Xunta de Galicia e o Ministerio  de Fomento, para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. O Plan estará operativo en canto o Ministerio de Fomento publique no BOE a orde correspondente.

Solicitudes

O IGVS xa está tramitando as ordes polas que se convocan as axudas, as solicitudes poderán presentarse unha vez entren en vigor ditas ordes.

No obstante, xa poden presentar a solicitude de visita de inspección previa á solicitude oficial das axudas económicas, que levará a cabo a Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello, co fin de comprobar o estado do inmoble e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do mesmo. A solicitude pódena recoller na Oficina de Rehabilitación sita na r/Don Filiberto, s/n (Edificio do Teatro Ppal, 3º andar) ou ben descargala nesta web.

 

Ver documento PDF
Ver documento PDF