Situación Actual de Estribela
Estribela é un núcleo pertencente á parroquia de Lourizán no Concello de Pontevedra.
Localízase fronte á ría de Pontevedra, ao suroeste do termo municipal, lindando directamente co Concello de Marín.
Ten a súa orixe nun asentamento rural de pescadores xurdido na baixa idade media na desembocadura do río Lameiriña, nunha ampla e fértil ribeira marítima.
A súa evolución estivo ligada, en principio, ao gran desenvolvemento pesqueiro e comercial que experimentou o burgo pontevedrés entre os séculos XII-XVI e, en última instancia, ao desenvolvemento do porto de Marín a partir do século XVII.
As obras de construción do porto de Marín e ría de Pontevedra converteron a Estribela nun núcleo de desenvolvemento lineal que se estende a ambas as dúas beiras da estrada antiga que une Marín con Pontevedra.
Hoxe Estribela maniféstase como un núcleo claramente urbano en continuidade co núcleo urbano de Marín, ligado ao desenvolvemento urbano, económico e social deste.
A zona de edificación intensiva do núcleo sofre actualmente un proceso de degradación física e ambiental, e mesmo social, derivado da acción combinatoria dos seguintes factores:
Declaración de Área de Reabilitación Integral (ARI)O proceso de degradación da zona de edificación intensiva do núcleo de Estribela e a necesidade dunha interveción que detivese este proceso e posibilitara a rehabilitación integral da zona xustificou que o Concello de Pontevedra solicitara á Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia a súa declaración como Área de Rehabilitación Integral (ARI), co obxectivo de fomentar a rehabilitación de vivendas e edificios e as actuacións de urbanización e reurbanización da zona que fosen necesarias.
Deste xeito a zona declarouse ARI por Acordo da Conselleira de Vivenda e Solo o 3 de maio de 2007.
A área abarca unha superficie de 64.191,50m2 e no seu ámbito contabilizáronse un total de 481 vivendas (ver plano delimitación e relación de inmóbeis incluídos no ámbito).
Financiamento da ARI e xestión
O financiamento da ARI realízase ao abeiro do Real decreto 801/2005, polo que se aproba o Plan estatal de vivenda 2005-2008, e no Decreto 18/2006 da Xunta de Galicia.
O 11 de novembro de 2007 asinouse, entre o Ministerio de Vivenda, a Consellería de Vivenda e Solo e o Concello de Pontevedra, o Acordo da Comisión Bilateral que establece o financiamento da 1ª Fase, conforme ao programa de actuacións elaborado polo Concello (Programa 2007), que abarca as anualidades 2007-2010 e comprende un total de 100 actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas, así como actuacións de reurbanización e urbanización en espazos públicos.
O custo total das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas estimado para esta 1ª Fase é de 4.590.000 .
O investimento mínimo previsto para actuacións de reurbanización e urbanización de espazos públicos é de 460.000 .
A achega dos axentes intervintes segundo o tipo de actuacións é a seguinte:
| ACTUACIÓN | CUSTO TOTAL | ACHEGA MINISTERIO | ACHEGA CC.AA. | ACHEGA CONCELLO | ACHEGA PRIVADOS |
| Rehab. edificios e vivendas | 4.590.000 € | 450.000 € | 450.000 € | 60.000 € | 3.630.000€ |
| Infraestruturas e urbannización | 460.000 € | 90.000 € | 135.000 € | 235.000 € | 0 € |
| TOTAL | 5.050.000 € | 540.000 € | 585.000 € | 295.000 € | 3.630.000 € |
O Concello de Pontevedra actúa como ente xestor das actuacións a través dunha oficina habilitada ao efecto que funciona como Portelo Único de Vivenda.
Obxetivos das intervencións sobre edificios e vivendas
Tipos de actuacións protexibeis en edificios e vivendas
Tipos de AxudasAs axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas consistirán nunha subvención a fondo perdido.
Contía das axudas
Subvención por un importe máximo do 80 por 100 do orzamento protexíbel das obras de rehabilitación de edificios e vivendas que se realicen, cunha contía máxima por vivenda subvencionada de 9.000 euros.
Enténdese por orzamento protexíbel o custo real das obras determinado pola suma do prezo total do contrato de execución das obras, os honorarios facultativos e de xestión e as cotas do imposto sobre o valor engadido e, no seu caso, do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza urbanística.
Persoas Beneficiarias das axudas
Propietarios/as, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso, cando as vivendas constitúen o seu domicilio habitual e permanente.
Persoas titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas elas mesmas ou transmitilas ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro xeito legal admisíbel, sempre que sexa como residencia habitual.
Información e asesoramento previo
As persoas que pretenda solicitar ás axudas deberán solicitar unha visita de inspección técnica previa ao inicio das obras subvencionábeis, co fin de comprobar o estado do edificio e asesorar ao peticionario/a sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación do inmóbel.
As persoas interesadas poderán solicitar da oficina do Portelo Único de Vivenda a prestación dos servizos de redacción de memorias técnicas de obra menor co obxecto de obter a preceptiva licenza de obras e solicitar as axudas.
Solicitudes de axudas e documentación
As solicitudes das axudas económicas presentaranse mediante impreso normalizado xunto coa seguinte documentación, segundo o caso, en orixinal e/ou copia compulsada por duplicado exemplar:
Lugar e prazo de presentación das solicitudes
As solicitudes de subvencións das persoas interesadas, xunto coa documentación requirida, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.
O prazo máximo de presentación será o que se fixe na correspondente convocatoria publicada no BOP.
Procedemento
O procedemento de axudas en materia de rehabilitación iníciase mediante a solicitude de cualificación provisional de actuación protexida.
A Delegación Provincial da Consellería de Vivenda e Solo procede, no seu caso, á expedición da cualificación provisional e, unha vez finalizadas as obras dentro do prazo concedido e previa inspección delas, da cualificación definitiva.
Por último, unha vez concedida a cualificación definitiva e acreditado o cumprimento das condicións indicadas na aprobación provisional, tramítase o pagamento das axudas concedidas.
Lexislación aplicábel
Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, polo que se aproba o Plan estatal 2005-2008, para favorecer o acceso aos cidadáns á vivenda.
Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005- 2008.
Bases reguladoras das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na ARI de
Estribela.
Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontevedra.
Plan especial de reforma interior de Estribela (PERI).
Información
Portelo Único de Vivenda da ARI de Estribela
Oficina Técnica de Rehabilitación (OTR)
Rúa Don Filiberto, s/n (Edificio Teatro Principal), 3º andar. Pontevedra
De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
Teléfono: 986 804 335
E-mail: otrehabilitacion@concellopontevedra.es
Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 06.05.2009 polo Concello de Pontevedra.