O depósito de resiudos na vía pública está organizado de tal xeito que toda a cidadanía conta nun lugar próximo ao seu domicilio cun xogo de contentores nos que depositar case todo o material sobrante, destinado á reciclase ou á recuperación.
No contentor de cor verde deposítanse os residuos orgánicos
No contentor de cor azul deposítanse os restos de papel e cartón
No contentor de cor verde deposítanse os restos de vidro
No contentor de cor amarela deposítanse outro tipo de envases (plásticos, latas, bricks, etc.)
En numerosos lugares da cidade existen contentores de pilas e baterías
Para a recollida de elementos voluminosos (mobles, colchóns, etc.) existe un servizo personalizado, chamando ao número ......, donde lle informan onde debe depositar o obxecto e qué día da semana.
Recoméndase que cando se substitúa un electrodoméstico, o servizo da tenda na que merque o novo se faga cargo do antigo, xa que eles coñecen os mecanismos para facelo chegar ao lugar axeitado para o seu tratamento con garantías ambientais.
Tamén se recomenda que para restos de obra sexa a empresa que realiza o traballo quen se encargue de xestionar os residuos. De non ser así, ten que realizalo un xestor autorizado en tratamento de entullos RCD (Restos de Construcción e Demolición). Na cidade existe alomenos unha empresa que ofrece ese servizo: Norte-Sur, situada no Polígono do Campiño B50, tlf. 986 841 677, que ofrece solucións á medida das súas necesidades.
Para calquera dúbida sobre recollida selectiva, pode chamar a Inusa, ....., que lle aportará as recomendacións axeitadas para cumprir co medio natural.
Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.05.2008 polo Concello de Pontevedra.