Pontevédrate...

A fachada de Santa María é o mellor exemplo galego do estilo plateresco. Os seus autores fóron Cornelis de Holanda e Joao Noble

Levouche o coche o guindastre?

Grazas ao guindastre, podemos cada día disfrutar de todos os dereitos de circulación, aparcamento e uso en xeral do espazo público.

Se o teu coche non está no lugar que o deixaches, pode ser que cho levara algún guindastre.

Podes preguntar por él no teléfono 986 858 710

De atoparse alí, para recuperalo podes achegarte á rúa do Camposanto, nº3, na zona do cemiterio de Sto. Amaro, na Parda.

As taxas para a retirada están definidas na Ordenanza Reguladora de Taxas do 24/10/2008, e son as seguintes, para coches de ata 3,5 tm:

  • Retirada,   84 euros
  • Cada día, 11,5 euros
  • Enganche, 42 euros

Se non estás de acordo coa acción da grúa, podes facer un plego de descargo diante da Policía Local

Lembra que algunhas veces o guindastre pode levarche o coche, non por que estea mal aparcado, senón porque haxa algunha razón para a súa retirada, tales como festas, competicións ou outro tipo de eventos. Nestes casos o coche pode estar aparcado nas proximidades e non se aplica sanción nen taxa administrativa algunha.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.09.2011 polo Concello de Pontevedra.