Co inicio da súa andaina no ano 1999, este goberno municipal formulou como un dos seus principais obxectivos a promoción da actividade económica e social, así como a creación das condicións necesarias para converter ao noso concello nun dos máis dinámicos, puxantes e atractivos de Galiza.
Deste xeito e co fin de acabar co estancamento no que estaba inmerso Pontevedra, a Concellería de Promoción Económica creou nese mesmo ano a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL), un organismo encargado de fomentar e dinamizar a actividade económica, contribuír á creación de emprego e facilitar a constitución e implantación de empresas, todo iso en prol de conseguir mellores condicións de vida e benestar.
Desde a Axencia de Desenvolvemento Local promocionase a cultura e a actividade emprendedora e a creación de máis e mellores empresas e emprego. Ofrecese un servizo de información e asesoramento técnico especializado e personalizado, formación e titorización a todas aquelas persoas que teñan unha idea empresarial e queiran levala a diante.
Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 09.05.2008 polo Concello de Pontevedra.