1. ELABORACIÓN DE MEDIDAS DE ACCIÓN POSITIVA
Elabora, coordina, desenvolve e realiza o seguimento e avaliación do I e II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Pontevedra.
2. PROMOCIÓN DO ASOCIACIONISMO
Informa e asesora a asociacións e persoas interesadas sobre actividades, recursos e servizos relacionados coas mulleres.
Potencia o asociacionismo da muller e incentiva a relación con e entre as asociacións existentes.
3. CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN
Organiza compañas específicas para sensibilizar a opinión pública sobre a situación das mulleres.
CAMPAÑA INSTITUCIONAL 8 DE MARZO
CAMPAÑA INSTITUCIONAL 25 DE NOVEMBRO
Campañas anteriores
4. PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS
Módulos de igualdade e prevención da violencia contra a muller en IES
Escolas de Familia
Campañas
5. FORMACIÓN
Información sobre cursos, estudos e xornadas que se programen no municipio, así como as actividades e servizos desenvolvidos pola Secretaría Xeral da Igualdade
Actividades formativas abertas
6. DENUNCIA DA DESIGUALDADE
Recepciona, canaliza e tramita denuncias en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e dos medios de comunicación.
Ficha de denuncia
7. PRESTAMO DE LIBROS
O CIM pon á disposición de todas as persoas interesadas información e documentación relativa ás mulleres, feminismo, violencia de xénero e á igualdade de oportunidades.