O Rexistro Xeral do Concello está ubicado no entrechán dereito da Casa do Concello (Rúa Michelena, 30).
Entre outras cousas, é a oficina de atención ao público que recibe toda a documentación oficial, polo que resulta a máis concorrida pola cidadanía.
Calquera solicitude que se queira facer a calquera órgano municipal, debe realizarse a través desta oficina, cubrindo unha instancia e presentándoa alí para que á persoa interesada lle quede constancia oficial de tela presentado.
Case a totalidade das instancias pode descargalas nesta web, para o que pode utilizar a ferramenta da parte inferior desta páxina. Algunhas xestións pode cumprimentalas completamente de xeito directo, a través da Oficina Virtual conectada a esta web.
Horario do Rexistro Xeral
De 8:30 a 13:30 de luns a venres, e de 9:00 a 13:00 os sábados.
Agás o periodo comprendido entre o 15 de xuño ao 15 de setembro, que é de 9:00 a 13:00 horas.
Teléfonos 986 804 300. Extensión 7220
Fax do Departamento 986 862 590
Secretaría Xeral Extensión 7240
Tlf. do Rexistro de Asociacións 986 804 334
Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.05.2008 polo Concello de Pontevedra.