Actualízate

18 de Maio de 2012 Pontevedra

Normalización

Máis de 500 escolares “correron pola lingua” polas rúas de Pontevedra

09 de Maio de 2012

Pontevedra acolleu esta mañá unha nova edición de Correlingua na que participaron máis de 500 escolares de toda Galicia. Por mor da chuvia as actividades, previstas nun primeiro momento para a praza da Ferraría e a zona antiga, tiveron que ser trasladadas ao Recinto Feiral no Pazo da Cultura.

Esta actividade, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, A Mesa pola normalización Lingüística, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística. A carreira comezou visitando a cidade de Ourense e pasará por outras 11 localidades ata chegar a Viveiro.

O correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego. Ademais do traballo previo na clase, na carreira cada participante leva no seu dorsal unha palabra que lle guste en galego, para que as verbas non sexan esquecidas.

Ás 10:30 h comezou a chegada dos centros ao Recinto Feiral, onde o grupo de animación Art Monium lles deu a benvida, e comezou a preparación para a saída da carreira. Pimeiro saíron os nenos/as de infantil e primaria, que cubriron o seguinte percorrido: rúa Alexandre Bóveda, paseo peonil da Avd. Compostela, xardíns de Rosalía de Castro (paralelo a Rafael Areses), e volta polo mesmo sitio.

Un minutos máis tarde sairon os/as rapaces/as de secundaria, facendo un percorrido máis longo: Alexandre Bóveda, paseo peonil da Avd. Compostela, paso de peóns de Rafael Areses, ponte de Santiago, paso de peóns da Avd. Bos Aires, paso de peóns Padre Amoedo Carballo, rúa Serra, Don Gonzalo, Sarmiento, Gregorio Fernández, Padre Isla, Arcos de San Bartolomeu, Serra, paso de peóns Padre Amoedo Carballo e volta polo mesmo percorrido.

A Policía Local de Pontevedra e efectivos de Protección Civíl acompañaron aos participantes ao longo de todo o percorrido para garantir a seguridade, especialmente nos curzamentos.

Ao remate das dúas carreiras tivo lugar a lectura dun manifesto a prol da lingua e a actuación musical de Roger de Flor. O acto concluíu co saúdo aos participantes do concelleiro de Normalización Lingüística*, Demetrio Gómez Xunqueira e a solta de globos.

Centros que participaron no Correlingua:

• CEP Marcos da Portela (Pontevedra): 100 participantes
• IES Ponte Caldelas (Ponte-Caldelas): 50
• CEIP San Martiño (Pontevedra): 60
• CRA de Meis (Meis): 72
• CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes): 87
• IES de Cotobade (Cotobade): 27
• IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa): 70
• CEIP de Carballedo (Carballedo): 56
• Ceip As Covas-Meaño (Meaño):15

Quince bolos para as festas do verán
Maio, mes da lingua
O Pazo da Cultura acolle esta fin de semana a Fase galega do Club de Debate
Normalización e Cinebox colaboran no programa Cine en galego
A Sala Karma acolle mañá o segundo concerto de Galegote rock
Normalización achégase aos mozos con Galegote rock
O IES de Ponte Caldelas, gañador da III edición do Club de Debate
Convocada Ben veñas maio!
O III Club de Debate xa está en marcha!
Pontevedra pecha o Ano Pintos
Obradoiro de cantos de arrolo en Maio, mes da lingua
17 de Maio de 2012

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da

Curros Enríquez acolle o homenaxe do Días das Letras galegas a Paz Andrade
16 de Maio de 2012

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da

Maio, mes da lingua homenaxea a Paz Andrade nas vésperas do Día das Letras
15 de Maio de 2012

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da

Conferencias e radio en Maio, mes da lingua
14 de Maio de 2012

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da

Ampla oferta cultural para esta fin de semana en Maio, mes da lingua
11 de Maio de 2012

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da

50 nenos e 20 pais da Escola infantil da Parda farán mañá o roteiro dos Bolechas
10 de Maio de 2012

A Concellaría de Normalización Lingüística, que dirixe Demetrio Gómez Xunqueira, organiza un Roteiro dos Bolechas

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.