O Concello de Pontevedra está a elaborar proxectos de saneamento de oito parroquias do rural por valor de 1.260.464,05 euros. As parroquias beneficiadas serán Mourente, Tomeza, Campañó, Santa María de Xeve, Ponte Sampaio, Cerponzóns, Lérez e Canicouva. Con estas obras pecharase o saneamento en cinco das parroquias do rural.
Segundo explicou o portavoz do Goberno, o obxectivo é pechar toda a rede de saneamento para que poida entrar en funcionamento de inmediato. As parroquias nas que se pechará a rede son Tomeza, Lérez, Ponte Sampaio, Canicouva e Mourente.
Raimundo González explicou que "o Concello poida facer un investimento superior ao millón de euros nos tempos que corren, é unha boa noticia". Lembrou que con esta inversión estanse prestando servizos, contratando obra e xenerando postos de traballo.
A sala de reunións do edificio de Churruchaos do Concello acolleu finalmente a poxa dos cabalos prevista para esta mañá
A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza.
A concelleira responsable da área de Sanidade, Pilar Comesaña mantivo onte unha reunión coa nova directiva da
O Concello de Pontevedra iniciou hoxe un zafarrancho de limpeza no casco urbano da parroquia de Lourizán, en Estribela, a cargo da empresa
A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, inicia continúa esta semana cos zafarranchos de
A Concellaría de Consumo que xestiona Anxos Riveiro organiza un Curso de enxerto de viñas que se impartirá entre o xoves e o
Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.