Actualízate

18 de Maio de 2012 Pontevedra

Institucional

Mosquera expón en Huesca o éxito do modelo de Pontevedra pensada para os peóns

10 de Maio de 2012

Pontevedra está presente hoxe na X xornada Rete 21, que se celebra no Pazo de Congresos de Barbastro (Huesca), que aborda o Camiño escolar. O concelleiro de Infraestruturas César Mosquera e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle participan nesta xornada para falar sobre a “Integración da mobilidade escolar nas políticas municipais” e achegando a experiencia de Pontevedra.

César Mosquera explicou que Pontevedra “leva doce anos creando espazos urbanos amables e accesibles, sen problemas de tráfico ou seguridade para os desprazamentos peonís e en todas as direccións, non só á escola. Impulsamos os chamados camiños escolares, pero non como itinerarios protexidos dentro dun océano de inseguridade, senón que procuramos eliminar esa inseguridade xeral”.

En Pontevedra a mobilidade peonil, ciclista, infantil e xuvenil resolveuse dentro do marco xeral da mobilidade urbana, seguindo as seguintes  reflexións e traballando en moi diversos aspectos. Partiuse da análise xeral de que a mobilidade e a seguridade melloraron moito nas últimas décadas, salvo a mobilidade urbana “que segue igual de mal ou, incluso, peor”. A causa profunda desta situación na que hai que actuar é o reequilibrio entre os diferentes modos de mobilidade urbana, que está descompensado a favor do coche particular.

Lembrou na súa intervención César Mosquera que “a mobilidade peonil é a máis básica e natural de todas. A primeira en orde de importancia, insubstituíble e intercambiable. É o xeito máis san e natural de desprazarse no medio urbano cando as distancias e tempos necesarios non superen algún límite, por exemplo, 3 km ou media hora. Lograr que este tipo de desprazamentos fáganse a pé, sería o factor decisivo para a mellora global da mobilidade urbana”.

Partindo da base de que a mobilidade peonil debe ter igual importancia que a rodada, as administracións e os cidadáns deberan recuperar a orde natural dentro dos distintos tipos de mobilidade, e incorporar como variable capital as necesidades dos peóns. Dentro disto, o tráfico rodado nunca debería superar a metade da superfice total das rúas; o suposto dereito a estacionar nas rúas debe ser un uso máis, e perder o seu privilexio de monopolio para que prive o uso colectivo sobre o individual; hai que fixar velocidades máximas moderadas nos ámbitos urbanos e facer que se cumpran eses límites…

César Mosquera aclarou que “a recuperación da mobilidade peonil, o re-equilibrio entre as diversas formas de mobilidade, non pode condicionarse nunca a futuro ou a outras actuacións. Estariamos demorando sen horizonte temporal a solución a un problema perentorio”.

Xa metido no modelo de Pontevedra, lembrou que “o proceso de implantación está moi avanzado. Xa toda a cidade ten limitada a velocidade máxima a 30 km/hora coas barreiras físicas correspondentes. Os principios e conceptos claros, e a coherencia na aplicación, levaron a bo porto o proceso”.

“A calidade urbana e a calidade da mobilidade peonil e ciclista son moi elevadas, e isto, sen facer ningunha restrición ao funcionamento da cidade. Ao contrario, a cidade resulta máis atractiva e segura, e funciona mellor. Toda persoa que "necesita" circular para desprazar mercancía ou persoas, ten moitas máis facilidades que na situación previa”.

“Do total de desprazamentos urbanos, os dous terzos son peonís. E aínda así, o volume de desprazamentos en coche dentro da cidade pode seguir reducíndose, en favor do peonil, porque segue habendo moita circulación, cada vez menos, pero aínda moita, que non cumpre ningunha das razóns que se poden aceptar como válidas e, polo tanto, incorporarse ao concepto de necesidade. Ademais, os índices de sinistralidade son moi baixos, especialmente entre os peóns”.

“A nosa experiencia mostra que a solución á mobilidade e a seguridade urbana van polo camiño de que dea a primacía absoluta a mobilidade peonil entre todos os tipos de mobilidade urbana. Estamos convencidos de que este é o camiño para a mobilidade e a seguridade nas cidades, de que a solución só poderá vir dunha clara primacía, que non exclusividade, da mobilidade peonil en ámbitos urbanos. Así poderán adquirir os nenos a autonomía de desprazamento en calquera dirección e espazo urbano, e de exploración da súa contorna que tanto ben fan á súa saúde e ao seu normal desenvolvemento evolutivo”.


A experiencia do Álvarez Limeses

Daniel Macenlle, intendente principal da Policía Local, foi o encargado de falar do Camiño escolar implantado en Pontevedra partindo da afirmación: “Na miña cidade os nenos poden ir sos ao colexio dentro duns estándares de seguridade aceptables… pero hai que vencer o medo dos pais”.

Asegurou que a experiencia que xa funciona no centro Álvarez Limeses quérese xeralizala ao resto de centros da cidade seguindo estes obxectivos:

• Fomentar a autonomía persoal
• Fomentar habitos saudables
• Fomentar modelos alternativos da mobilidade sostible.
• Fomentar a cohexión social
• Fomentar a seguridade viaria
• Mellorar a fluidez do tráfico

O proxecto foi “excelentemente” acollido polo claustro de profesores  ao igual que na Anpa. Fixéronse enquisas sobre a mobilidade dos escolares, detectáronse os puntos conflictivos e a protexer, impartíronse cursos de formación en materia ambiental e tal xeito que na actualidade no centro elabóranse proxectos educativos para relacionar os contidos das materias no entorno. Tamén participan voluntarios e comerciantes que fomentan o obxectivo da cohexión social.

Como conclusión, Daniel Macenlle apuntou varios datos:

• O proxecto vai dirixido a 500 alumnos
• Máis do 95% vai camiñando
• Máis do 25% xa van sos


Obxectivos de Rete 21

Segundo reza no programa da xornada “dende Rete 21 gustaríanos que os escolares da provincia de Huesca recuperaran o uso e goce do espazo público” e busca que “o camiño escolar sexa unha parte máis da aprendizaxe infantil no que se promova a autonomía persoal e o descubrimento do entorno máis próximo dos nenos e nenas”.

A xornada está dirixida a técnicos e políticos implicados no desenvolvemento das Axendas 21; técnicos e políticos de diferentes áreas; persoal docente de centros escolares; asociacións de pais e nais; e á cidadanía en xeral e a calquera colectivo que se poida sentir útil no fomento dos camiños escolares.

Pontevedra traslada a súa experiencia do Camiño escolar aos concellos de Huesca
Lores pide unha reunión urxente a Feijóo para coñecer o seu posicionamento sobre a ponte das Correntes
A Xunta négase a abonar 1 millón de euros pola ponte das Correntes
Alfonso Sanz: “Pontevedra significa un antes e un despois da mobilidade e da calidade de vida”
O Concello recibe mañá a visita de Alfonso Sanz, o maior experto do Estado en mobilidade
O Concello denuncia no Xulgado o Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal do Hospital Monte Carrasco
O Concello alega contra o Plan especial de ordenación do Porto de Marín e Ría de Pontevedra
O alcalde e Unipublic asinan un acordo de ocupación de 1.200 camas durante catro días durante a Volta ciclista a España
Apoio institucional á Plataforma SOS Fragas do Eume
Ana Pastor visita o Concello
O CES reúnese mañá no Concello
25 de Xaneiro de 2012

O Concello de Pontevedra acolle mañá, 26 de xaneiro, a reunión do Consello Económico e Social (CES) que estará

A ministra de Fomento agracede os parabéns o alcalde
04 de Xaneiro de 2012

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá unha carta da ministra de Fomento, Ana Pastor

Rajoy contesta as felicitacións do alcalde
03 de Xaneiro de 2012

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá unha carta do Presidente do Goberno, Mariano Rajoy

O Concello renova os convenios coas asociacións que traballan no eido dos Servizos Sociais
20 de Decembro de 2011

O Xunta de Goberno aprobou esta semana a prórroga para o ano 2012 de diversos convenios asinados pola Concellaría de Benestar Social

A segunda fase da ponte de Monte Porreiro comezará no mes de outubro
12 de Setembro de 2011

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Deputación, Rafael Louzán mantiveron esta

A reparación dos danos causados pola arriada da semana pasada comezará de xeito inminente
30 de Agosto de 2011

       A Xunta de Goberno Local aprobou onte a contratación, por emerxencia, das obras de reparación de

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.