Actualízate

18 de Maio de 2012 Pontevedra

Benestar Social Municipal

A visión dos alumnos dos institutos da cidade sobre as condutas aditivas exposta no Concello

16 de Maio de 2012

O vestíbulo do Concello de Pontevedra, na rúa Michelena acolle dende hoxe a exposición-concurso de carteis preventivos sobre o consumo de alcol, tabaco, cannabis e cocaína elaborados por alumnos dos centros de ensino de Secundaria da cidade. A mostra está organizada pola Concellaría de Benestar Municipal e está enmarcada dentro das accións realizadas polo Plan Municipal sobre condutas adictivas, a través do Equipo de Prevención.

O obxectivo desta exposición-concurso é que as persoas destinatarias das mensaxes preventivas sexan as ideólogas da campaña; potenciar o traballo en grupo coa intención de fomentar actitudes de colaboración entre as persoas participantes; incentivar a imaxinación e estimular a capacidade creativa; promover hábitos de saúde responsábeis; visibilizar, cara á opinión pública, o traballo que se realiza dende o Equipo Municipal de Prevención nos centros escolares da cidade.

Este concurso está destinado a adolescentes que tiveron que realizar un cartel preventivo sobre o consumo de diferentes substancias. Os traballos desenvolvéronse nos seguintes grupos:

• O alumnado de 1º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso do tabaco.
• O alumnado de 2º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso do alcohol.
• O alumnado de 3º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso do cannabis.
• O alumnado de 4º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso da cocaína.

Todos os alumnos que participan nesta exposición tamén asistiron aos obradoiros de prevención de condutas adictivas e serve como complemento ao traballo que se realiza na aula.

A exposición está aberta dende hoxe ata o 25 de maio en horario de mañá e tarde (de 16.30 a 19.30 horas).

A Concellaría entregará un premio por cada categoría:

• Primeiro premio: MP4 para cada membro do equipo participante  e un cadro enmarcado co cartel para o centro educativo.
• Segundo premio de bonos de música  e  un cadro enmarcado co cartel para o centro educativo.

O xurado poderá conceder ata tres accesit que terán como premio un bono para libros. E tamén poderá deixar algún premio deserto se considera que non hai calidade suficiente nos traballos. Nas bases tamén figura un voto popular a través da votación da xente que acuda a ver a exposición.

Os premios entregarnase no vindeiro 31 de maio, coincidindo co Día Mundial Sen Tabaco.

 

Benestar organiza o curso “A arte como recurso” para profesionais das asociacións da cidade
O alcalde recibe á nova presidenta de Cruz Vermella
Redeaxuda cumpre tres meses con importantes éxitos no eido da axuda en situacións extremas
Benestar Social investiu 1,2 millóns en Servizos Sociais durante 2011
Benestar Social solicita a colaboración dos colexios profesionais de sanidade coa Redeaxuda
Benestar Social reedita Un paseo polas nubes aberto a toda a cidadanía
Voluntarios de Galup e Alcólicos Rehabilitados participan nun curso de informática na Casa Azul
Alerta de EMERXENCIA en Redeaxuda
Redeaxuda desactiva a emerxencia de Cáritas
Benestar pide a colaboración do empresariado local para difundir Redeaxuda
Meniños activa unha alerta para conseguir un frigorífico e mobles
09 de Maio de 2012

Redeaxuda.com aínda ten activada a alerta da Fundación Meniños coa seguinte petición: • Un

Curso de informática para persoas en busca de emprego na Casa Azul
24 de Abril de 2012

A Concellaría de Benestar Social Municipal iniciou esta mañá un curso de informática pensado para persoas en busca de

O Concello de Pontevedra mantén a súa colaboración co Fondo Galego de Cooperación
23 de Abril de 2012

O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Benestar Social Municipal mantén a achega de 15.000 euros que

Continúa aberto o prazo de inscrición no programa Aquactiva
15 de Marzo de 2012

Continúa aberto o prazo de inscrición do programa Aquactiva, o programa vital para maiores de 60 anos da Concellaría de

As entidades sociais de Pontevedra xestionan a Redeaxuda
06 de Marzo de 2012

As entidades de Pontevedra xa xestionan a Redeaxuda que o Concello de Pontevedra puxo ao seu servizo para dar a coñecer o seu traballo,

Monte Porreiro acolle a obra Babs para inaugurar a escola infantil
28 de Febreiro de 2012

O Centro Sociocultural de Monte Porreiro acollerá este xoves, 1 de febreiro, a estrea da obra de teatro Babs, a cargo da

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.