O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará presentou esta mañá as actividades organizadas polo seu departamento con motivo do Día Internacional dos Museos. É un programa especial de actividades arredor do CITA e do Espazo Arqueolóxico do Campiño de Santa María.
A programación é a seguinte:
• Presentación do CITA a asociacións empresariais e centros educativos de Pontevedra.
o Martes, 15 de maio ás 13.30 horas. Presentación a empresas e asociacións de empresarios.
o Martes, 15 de maio ás 18.30 horas. Presentación a centros educativos de primaria e secundaria da comarca de Pontevedra.
• Venres, 18 de maio. Día internacional dos museos
o Portas abertas de entrada gratuíta no CITA en horario de 10 a 14 e de 18 a 21 horas.
o Visita con actuación musical Perkuka dúo ás 22 e ás 23 horas.
• Sábado, 19 e domingo, 20 de maio
o Visitas guiadas ao CITA e ao Espazo arqueolóxico do Campiño de Santa María. Sábado ás 20 e 22 horas; Domingo, ás 12 horas.
• Para participar nas actividades do vernes, sábado e domingo é preciso reserva previa no teléfono 986 090 677
O Consello Asesor do Patrimonio reúnese esta tarde no Pazo da Cultura para abordar o Plan xeral de actuación sobre o patrimonio
A Concellaría de Patrimonio Histórico inicia nestes días traballos de limpeza, conservación e mantemento do
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a compra de 80 novas papeleiras para completar este mobiliario urbano no centro
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará explicou esta semana que o Concello está a traballar no proxecto de
A Concellaría de Patrimonio Histórico continúa nesta fin de semana coas visitas guiadas gratuítas para grupos ao Centro
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a sinatura do convenio de colaboración co IMSERSO e a ONCE para a eliminación de
Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.