Actualízate

18 de Maio de 2012 Pontevedra

Parroquias

Aprobada a limitación a 30km/h a velocidade nas vías rurais do municipio

17 de Abril de 2012

Logo de rematar o período de exposición ao público sen recibir ningunha alegación ou suxestión, o Concello de Pontevedra dá por aprobada a modificación da Ordenanza de circulación que regulariza a velocidade máxima nas vías municipais do rural a 30 quilómetros/hora.

O obxectivo da modificación da ordenanza é trasladar ás vías do rural, de titularidade municipal, os estándares de calidade, seguridade viaria e accesibilidade da que hoxendía gozan as rúas e travesías do centro urbano de Pontevedra.

Logo da súa aprobación, o artigo número 5 da Ordenanza de circulación queda redactado do seguinte modo:

“1º - O límite máximo de velocidade ao que poderán circular os vehículos polas vías urbanas definidas no artigo 2 da presente ordenanza, fíxase en 30 km/h, dentro dos parámetros establecidos no artigo 50 do Real Decreto 1428/2003, de 21 novembro.
2º – No restante viario municipal, os límites de velocidade ao que poideran circular os vehículos establécese en función da clasificación e caractaristicas da vía, sen superar os límites máximos que de seguido se relacionan e sen prexuízo das maiores limitacións que determinadas características das vías aconsellen así como aquelas concretas e puntuais referidas o en interseccións, cruces perigosos, curvas, trocos de rasante ou semellantes:    
      
       Tipo de vía            con beirarrúas ou beiravías laterais para peóns e ciclistas.  sen elas
estradas                                                                                        60 km/h 40 km/h
travesías de núcleo                                                                       40 km/h 30 km/h
travesías urbanas 30 km/h 30 km/h

3º - En calquera tipo de vías municipais poderanse reducir estes límites, por acordo da autoridade municipal de goberno correspondente, polo procedemento establecido e previa audiencia ao movemento asociativo e as organizacións representativas dos intereses afectados recoñecidas pola lei,  mantendo o obxectivo de harmonización coas demais vías urbanas, co viario de núcleo e, en xeral, co viario municipal.
4º - Aos efectos desta Ordenanza, entenderase como núcleo, ademais daqueles que se definen no planeamento xeral, aquelas  zonas da periferia nas que exista actividade e/ou edificación de tipo residencial, comercial, dotacional, asistencial, industrial ou de outro tipo ou na que a posíbel afluencia de peóns e ciclistas aconselle considerala como tal”.

 

Máis de 240 escolares do municipio coñecerán a Ruta do Almofrei
Sabarís terá local de reunión dos veciños
Salcedo acollerá a primeira Xeira do Patrimonio do rural o vindeiro 21 de abril
O Concello solicita a Educación a desafectación do colexio dos Campos
O alcalde visita as plantacións de Monte Vivo no lugar do Salgueiral, en Bora
Demetrio Gómez informa aos veciños de Salcedo da mellora da estrada entre a Brilat e Castiñeiras
Lérez xa ten nova Casa da Cultura
O Concello recupera o ámbito dos muíños de Pousadoiro en Campañó
O alcalde visita a Casa da Cultura de Lérez que se inaugura este sábado
Comeza a rescisión do contrato da canceira
Matalobos, conectado á rede de abastemento da cidade
28 de Marzo de 2012

O Concello de Pontevedra inaugurou esta tarde o abastecemento ao núcleo de Matalobos na parroquia de Salcedo logo de moitos anos de

O plan de bacheo e mantemento das pistas do rural chega á parroquia de Lourizán
12 de Marzo de 2012

O Concello de Pontevedra inicia mañá traballos de bacheo e reparación de todos os viais da parroquia de Lourizán,

Zafarrancho de limpeza en Estribela
12 de Marzo de 2012

O Concello de Pontevedra iniciou hoxe un zafarrancho de limpeza no casco urbano da parroquia de Lourizán, en Estribela, a cargo da empresa

Comeza o acondicionamento da contorna da Casa da Cultura de Lérez
06 de Febreiro de 2012

Na xornada de hoxe comezou a mellora do vial que une a rúa Leandro del Río Carnota co Camiño da Torre, xunto á Casa

O alcalde pedirá medidas de seguridade viaria na nova estrada de Lérez
02 de Febreiro de 2012

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos veciños de Lérez para abordar a

O Concello de Pontevedra colaborará coa Xornada por un medio rural galego vivo
30 de Xaneiro de 2012

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a dous membros da Organización Galega de

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.