Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/app/code/novas/novas.class.php on line 300
Concello de Pontevedra

Actualízate

18 de Maio de 2012 Pontevedra

Outras novas

Viticultura e mercados, hoxe no Pazo

16 de Decembro de 2011

O Pazo da Cultura acolle dende hoxe e ata o domingo as VII Xornadas agrarias sobre Viticultura e mercados organizadas pola Asociación Galega de Viticultura en colaboración co departamento de Consumo do Concello de Pontevedra, que xestiona Anxos Riveiro.

Estas xornadas comezaron na década dos 80 e foron un referente de debate do eido da agricultura, gandeiría, do viño… Logo dunha longa etapa de ivernación, o pasado ano recuperáronse para abordar o mundo do gando en Melide. Esta fin de semana volve a sentarse o sector para tratar o eido do viño e os mercados.

O propósito destas xornaas é xuntar a unha mostra cualitativamente representativa dos diferentes axentes (viticultura, cooperativas, enoloxía, sumilleres…). Todos eles forman parte da fileira deo viño que vai desde a cepa ao consumidor de calquera recanto do mundo.

Nesta consciencia de filera se encadran as estratexias cara a sinerxia e a colaboración para mellorar a posición dos nosos viños nos diferentes escenarios de venda e consumo.

Como expresión práctica haberá ao fin das xornadas un Túnel do viño, con máis de 60 marcas pertencentes a 30 adegas de todo o país.

As xornadas comeza esta tarde e continuarán durante a xornada do sábado en sesións de mañá e tarde.

O Túnel do viño abrirase o sábado de 19.30 a 22.30 horas, e o domingo de 10.30 a 13.30 horas. A entrada será de 3 euros.
 

BANDO DE CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS E SERVIZOS NO CONTORNO DO SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DO REFUXIO A DIVINA PEREGRINA, DECLARADA BEN DE INTERESE CULTURAL
27 de Decembro de 2011

BANDO DE CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS E SERVIZOS NO CONTORNO DO SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DO REFUXIO A DIVINA PEREGRINA, DECLARADA BEN DE INTERESE CULTURAL
27 de Decembro de 2011

O curso de manipulador-aplicador de productos fitosanitarios chega esta semana a Marcón
23 de Novembro de 2011

Esta semana comeza o Curso de Formación para obtención do carné de manipulador-aplicador de productos fitosanitarios (nivel

Exposición pública do Censo Electoral
04 de Abril de 2011

Pontevedra súmase á celebración da Hora do Planeta
24 de Marzo de 2011

A concelleira de Medio Ambiente Natural, Celia Alonso, acordou durante estes días cos servizos técnicos municipais a coordinación do proceso de

O Concello apoia a creación dun punto de control no Cabo para os maricadores da Confraría de Lourizán
11 de Marzo de 2011

O alcalde e a tenente de alcalde recibiron esta semana a responsables da Confraría de Pescadores Santo André de Lourizán que querían coñecer a postura

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.