Iluminación, mobiliario urbano e plantacións son os últimos traballos que a Concellaría de Medio Ambiente acomete na Illa do Cobo cuxa restauración ambiental achégase ao seu final.
Na xornada de mañá, arredor das 12.00 horas, a empresa Setga instalará a iluminación no parque infantil e tamén na praza de entrada á Illa. Forma parte dunha gran partida de iluminación da Illa que xa se está a instalar nesta semana con balizas e farois específicos para este entorno natural.
Para a Illa do Cobo, a empresa Setga en colaboración cos servizos técnicos municipais crearon o conxunto de iluminación Xuncos, que pretende representar a esencia da alma da Xunqueira do Lérez. Están compostos por 3 columnas de 5, 7 e 9 metros de altura e con diferentes ángulos de inclinación.
Estes singulares xuncos están fabricados integramente en aceiro corten e cun coidadoso proceso de deseño que garante a pureza das liñas e ese acabado final que lle confire a característica cor que tan ben conxunta cos espazos de vexetación.
Na vindeira semana comezará a instalación do mobiliario específico da Illa.
As concellarías de Medio Ambiente e Mobilidade convocan este domingo, 13 de maio, a segunda xornada das visitas en bicicleta aos espazos
A Concellaría de Medio Ambiente, a través do departamento de Parques e Xardíns, está a realizar traballos de mantemento
O departamento de Parques e Xardíns realiza dende esta mañá a tala dun tilo da Alameda da cidade dado que xeneraba unha
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a dous membros da Organización Galega de
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá unha prórroga extraordinaria para a empresa Elsamex encargada do mantemento dos
A Concellaría de Parques e Xardíns, que coordina a concelleira Anxos Riveiro, iniciou a pasada semana os traballos de roza, limpeza e
Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.