O vestíbulo do Concello de Pontevedra, na rúa Michelena acolle dende hoxe a exposición-concurso de carteis preventivos sobre o consumo de alcol, tabaco, cannabis e cocaína elaborados por alumnos dos centros de ensino de Secundaria da cidade. A mostra está organizada pola Concellaría de Benestar Municipal e está enmarcada dentro das accións realizadas polo Plan Municipal sobre condutas adictivas, a través do Equipo de Prevención.
O obxectivo desta exposición-concurso é que as persoas destinatarias das mensaxes preventivas sexan as ideólogas da campaña; potenciar o traballo en grupo coa intención de fomentar actitudes de colaboración entre as persoas participantes; incentivar a imaxinación e estimular a capacidade creativa; promover hábitos de saúde responsábeis; visibilizar, cara á opinión pública, o traballo que se realiza dende o Equipo Municipal de Prevención nos centros escolares da cidade.
Este concurso está destinado a adolescentes que tiveron que realizar un cartel preventivo sobre o consumo de diferentes substancias. Os traballos desenvolvéronse nos seguintes grupos:
• O alumnado de 1º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso do tabaco.
• O alumnado de 2º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso do alcohol.
• O alumnado de 3º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso do cannabis.
• O alumnado de 4º da ESO realiza carteis preventivos sobre o uso da cocaína.
Todos os alumnos que participan nesta exposición tamén asistiron aos obradoiros de prevención de condutas adictivas e serve como complemento ao traballo que se realiza na aula.
A exposición está aberta dende hoxe ata o 25 de maio en horario de mañá e tarde (de 16.30 a 19.30 horas).
A Concellaría entregará un premio por cada categoría:
• Primeiro premio: MP4 para cada membro do equipo participante e un cadro enmarcado co cartel para o centro educativo.
• Segundo premio de bonos de música e un cadro enmarcado co cartel para o centro educativo.
O xurado poderá conceder ata tres accesit que terán como premio un bono para libros. E tamén poderá deixar algún premio deserto se considera que non hai calidade suficiente nos traballos. Nas bases tamén figura un voto popular a través da votación da xente que acuda a ver a exposición.
Os premios entregarnase no vindeiro 31 de maio, coincidindo co Día Mundial Sen Tabaco.
Redeaxuda.com aínda ten activada a alerta da Fundación Meniños coa seguinte petición: • Un
A Concellaría de Benestar Social Municipal iniciou esta mañá un curso de informática pensado para persoas en busca de
O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Benestar Social Municipal mantén a achega de 15.000 euros que
Continúa aberto o prazo de inscrición do programa Aquactiva, o programa vital para maiores de 60 anos da Concellaría de
As entidades de Pontevedra xa xestionan a Redeaxuda que o Concello de Pontevedra puxo ao seu servizo para dar a coñecer o seu traballo,
O Centro Sociocultural de Monte Porreiro acollerá este xoves, 1 de febreiro, a estrea da obra de teatro Babs, a cargo da
Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.05.2012 polo Concello de Pontevedra.