AVENIDA DE BOS AIRES PECHE TRAMO ENTRE MONTEPORREIRO E A PONTE TIRANTES SÁBADO 7 DE ABRIL POLA TARDE

18

 

O vindeiro día 7 de abril de 2012 terá lugar no río Lérez (entre a Ponte dos Tirantes e a Pasarela Peonil sobre o río Lérez) que da acceso á Illa das Esculturas, unha regata de promoción do piragüismo organizada pola Federación Galega de Piragüismo.

Isto leva aparellado o peche da Avda. de Bos Aires no tramo entre a Ponte dos Tirantes e a ponte de Monteporreiro entre as 15 e as 20 horas. Os accesos a Monteporreiro se realizan dende a zona norte pola nova ponte de Monteporreiro e dende o resto dos puntos dende a Avda. de Lugo ou dende a rúa Santa Margarita.