Este capítulo recolle o contido dunha publicación realizada polo Concello en colaboración co Diario de Pontevedra sobre espazos urbanos que á cidadanía puidesen resultarlles máis ou menos enigmáticos ou de visita pouco doada.
Foi un traballo distribuído en fascículos polo xornal, e realizado polo historiador pontevedrés Ramón Rozas, con óptica xornalística e rigor documental. Decidimos poñelo á túa disposición debido ao alto interés do seu contido para o conxunto da cidadanía.