Amigos de Campolongo e o Concello de Pontevedra organizaron para os veciños e veciñas de Campolongo unha exposición que permaneceu un mes no Parque da Constitución, co obxectivo de que se puidese coñecer mellor o espazo no que viven, sabedores de que a calidade de vida ten moita relación coa memoria histórica, coas herdanzas recibidas e coas aspiracións futuras.
Campolongo é un barrio en plena transformación, como o conxunto da capital. Hoxe está ubicado en pleno centro de Pontevedra. Aquí tiveron lugar grandes e pequenas accións que van desde o Convenio para urbanizar todo o espazo que ocupaba o vello cuartel ou a recuperación da canle do río dos Gafos, ata as melloras nos xardíns, na mobilidade, na recuperación de pequenos espazos, nas infraestruturas, así como os plans de extensión da cidade cara a Mollabao ou cara á Avenida de Vigo...
Amigos de Campolongo quere divulgar estas fotografías históricas, para que todos coñezamos mellor o lugar que habitamos.
Nos vencellos inferiores, dispoñen de accesos a fotografías e unhas pequenas explicacións sobre a evolución do barrio e as súas testemuñas fotográficas.
Hoxe é 18.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.09.2011 polo Concello de Pontevedra.